Teatron nas Xornadas de danza e artes vivas en Galicia

El jueves 11 de marzo a las 16:00 viajo en calidad de embajador de Teatron a las Xornadas de danza e artes vivas en Galicia en el Teatro de Colón de A Coruña para participar en el debate A danza nos medios: entre a divulgación, a crítica especializada e o debate social junto a María Yáñez, responsable de VINTE, praza.gal, Afonso Becerra, director de erregueté, Revista Galega de Teatro y Luisa Castiñeira, periodista y consultora de comunicación especializada en cultura y artes escénicas en The Office Comunicación.

La asistencia a las jornadas es gratuita y también el streaming en directo que se podrá seguir aquí.

Estas Xornadas poñen o foco na situación da danza e as artes vivas en Galicia, máis concretamente, na posta en valor da pluralidade de expresións artísticas e procesuais que vén caracterizando á súa comunidade, co obxectivo de axudar a situar tal pluralidade nos espazos escénicos e culturais galegos, onde aínda non atopa unha presenza regular nin unha capacidade de intervención estable. Este desfase fai que non se acade, tampouco, o recoñecemento social das súas achegas, perdendo a oportunidade dun diálogo social que hoxe semella moi pertinente, como é aquel que se produce no encontro dos corpos en movemento.

A irrupción da crise do Covid19 ten funcionado como lente de aumento dos problemas estruturais que atravesan e provocan este desfase, poñendo máis presión nunha comunidade xa precarizada. Moitas persoas e entidades implicadas na vida cultural e social están á procura de respostas e solucións, pero agroma unha pregunta de fondo: como podemos facer para que estas non sexan únicamente estratexias para a supervivencia de mínimos? Vivimos, pois, nun momento excepcional no que cómpre atender a reordenación do contexto: antes de deixar que a crise afonde nas problemáticas sabidas, podemos aproveitar a oportunidade para desfacémonos delas? Quen mellor que as persoas que traballan cos corpos e o movemento para abordar esta tarefa. Sabemos que non imos voltar ao mesmo lugar que deixamos. Sabemos, tamén, que queremos construír un lugar mellor. As Xornadas queren servir como espazo de oportunidade nestas coordenadas.

Un programa comisariado por Caterina Varela e Sabela Mendoza, coordinadoras do proxecto ‘Cara a unha escena plural’.

Programa completo y más información: https://aculturaeundereito.gal/