Crítica de Schumann Amateur en la Revista Galega de Teatro

Ana Abad de Larriva escribe en erregueté / Revista Galega de Teatro sobre el paso de Schumann Amateur por el Teatro Ensalle de Vigo.

“Pensa na música como un río que flúe”. Ese seica foi un dos consellos que Friedrich Wieck lle deu á súa filla Clara, antes de que se convertese nunha pianista e compositora brillante e nunha figura imprescindible da música do século XIX. E os ríos cando flúen poden pasar por zonas de calma e, de súpeto, sentir como as súas augas se axitan antes de precipitarse por unha fervenza, como os sentimentos dos e das artistas do Romanticismo.

Schumann amateur, terceira entrega da serie Amateur, é unha peza postespectacular, unha sorte de concerto performativo que se afasta do canónico. Nela un home, de costas ao público, toca o piano sen practicamente pausa, enfiando canción tras canción, mentres nunha pantalla se proxecta un texto, que decorre, flúe, tamén sen case deterse. A través desta narración descóbrese a atracción dese “tipo que toca o piano”, Rubén Ramos Nogueira, pola figura de Clara Schumann, e vanse desenvolvendo detalles da biografía da pianista e compositora, en que se suceden alusións a toda unha serie de personaxes que, dalgún xeito ou doutro, tiveron influencia na súa vida (o seu pai, Paganini, Liszt, Brahms…) e, en especial, á súa relación co seu marido, o compositor Robert Schumann. Iso combínase con diferentes referencias á propia relación de Rubén Ramos Nogueira coa música romántica e co romanticismo en si mesmo. A pesar de que hai un certo abuso do recurso do texto proxectado; polo xeito en que está redactado e pola simplicidade de elementos escénicos, faise ameno seguir a lectura ao tempo que se escoita a música en directo.

Enlace al artículo completo.